Dende a comisión organizadora da Viaxe de Fin de Curso aos Picos de Europa, hoxe venres fixemos entrega as/os alumnas/os das rifas e normas das mesmas para recaudar fondos para a viaxe
fin de curso .
NORMAS DA RIFA PRO EXCURSIÓN SEXTO DE PRIMARIA CURSO 2016-17
1. En cada papeleta fixouse un DOATIVO de 1 € .
2.-
Sortearáse un vale por valor de 100 € a gastar en HIPER FROIZ PONTEVEDRA (Rúa Cobian Roffignac , 26).
3.- Faise entrega dun taco de 50 rifas de xeito
nominal por alumna/o que se houbera apuntado previamente para a
venta das rifas, leva escrito o nome e apelido da alumna/o e o selo da Anpa Alvarez
Limeses no anverso do mesmo.
4.-
Cada rifa terá impreso UN número, do
0.000 ao 9.999 menciónase que o sorteo
farase en combinación co número gañador da LOTARÍA NACIONAL do 22 DE ABRIL
DE 2017.
5.- Terá dereito ó premio quen mostre aos
encargados do sorteo (comisión organizadora excursión) a papeleta que teña
impreso o número que coincida coas catro últimas cifras do extraído no sorteo da LOTARÍA
NACIONAL do 22 DE ABRIL DE 2017. O prazo
de presentación do boleto premiado así como a validez do cheque remata o 30 de Xuño
de 2017.
6.- Cada alumna/o dispón ata o 19 de
abril para lograr vender na súa totalidade ou en parte o taco de rifas. O taco
co resgardo das rifas vendidas na súa totalidade e/ou o taco coas rifas que quedaron se vender así
como a parte traseira onde figura o nome do alumna/o e logo do ANPA, será
depositado no BUZÓN DA ANPA COMO DATA LIMITE O 19 DE ABRIL de 2017
A recadación que logre cada participante
será integramente para ela/el.
No hay comentarios:
Publicar un comentario