martes, 7 de marzo de 2017

I MERCADILLO 2º MAN VIAXE FIN DE CURSO 6º PRIMARIA

I MERCADILLO 2º MAN
VIAXE FIN DE CURSO




Dende a comisión organizadora da Viaxe de Fin de Curso aos Picos de Europa, impulsamos a realización dun mercadillo entre as/os alumnas/os de 6º de Primaria con  libros, videoxogos, DVD´s ,CD´s , xoguetes, e todo material de segunda man  nun estado axeitado para vender co obxetivo de recaudar fondos para a viaxe de fin de curso de 6º, involucrando asi a nenas/os e familias na mesma, e poñendo en valor obxectos en desuso presentes nos fogares.

FUNCIONAMENTO:   Logo da cancelación por inclemencias meteorolóxicas da anterior data proposta, se nos adxudicarón dúas novas datas para a realización do mercadillo.  Cada alumna/o levará os obxectos de segunda man que dexese poñer a venda(nunhas condicións mínimas de presenza), así como un elemento expositor onde expoñer a súa mercadoría ( mesa plegable, cadeiras, caixas etc..).

A recadación que logre cada participante será integramente para  ela/el.

📅DÍAS: SÁBADOS 11 e  18 de Marzo  2017
🕚 HORA: de 11:00  a 14:00.
📡LUGAR: Rúa Serra (ao lado do mercado de abastos)

❗NOTA❗: Os que desexen formar parte deste  I mercadillo de 2ª man , deben presentarse con todo o material preciso (tanto para a venda como exposición) os  sábados  que vaian acudir como  expositores 11 e 18 de  Marzo as 10:30  (un indistintamente ou ambos días) para ir organizando os “stands” na zona habilitada e cedida, previa solicitude, polo Concello de Pontevedra para ilo. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario