lunes, 16 de enero de 2017

O ALBERGUE: ALBERGUE EL CANTU -COLOMBRES

O albergue rural O Cantu está situado en Colombres (Asturias), na confluencia das comunidades de Asturias e Cantabria. Pola súa situación estratéxica, na desembocadura do río Cares- Deva e ao pé dos Picos de Europa, permítenos realizar tanto actividades de media montaña e descenso de ríos como nas costas do Mar Cantábrico. Foi totalmente restaurado no ano 2008. A restauración dun casarón de indianos, construción cos seus edificios de servizo (caballerizas e casa do caseiro) dentro dunha leira pechada e axardinada de 2.500 m²., permitiunos obter 140 prazas en aloxamento especialmente deseñado para grupos con habitacións para seis, oito e dez persoas, en liteiras, con todos os servizos: cociña, camas completamente vestidas, auga quente, calefacción, zona axardinada para xogos, locais para talleres, etc.
A casa dos caseiros rehabilitouse para distribuíla en oito habitacións dobres con baño; amobladas e decoradas ao estilo da época de construción, mantendo todo o encanto daqueles anos de esplendor.

            SITUACIÓN

O albergue rural O Cantu está situado no pobo de Colombres, capital do Concello de Ribadedeva, no Principado de Asturias. É o Concello máis oriental da comunidade, limitando co Concello de Val de San Vicente (Cantabria) pola súa franxa este; ao norte limita co Mar Cantábrico proporcionándonos zonas de gran beleza, ao oeste limita con Llanes e ao sur con Peñamellera Baja.

            HISTORIA

Existen vestixios nas Covas do Pindal que este territorio estivo habitado polo home no período Magdaleniense do Paleolítico Superior, con gran número de representacións de animais. Existen representacións do medievo situadas en Pimiango, Noriega e Villanueva. A súa capital, Colombres, sábese que estaba fundada no século XVI, polo que o emperador Carlos I, na súa arribada a Asturias, descansou nesta capital. No ano 1.834, Ribadedeva foi segregada do territorio cántabro e agregada ao asturiano.

A poboación aproximada de todo o concello é de 2.000 habitantes, con importantes núcleos de poboación aos seus arredores: Unquera a 1.5 Km., Llanes a 20 km., San Vicente de la Barquera a 12 Km., Santillana del Mar a 45 Km., Potes e Picos de Europa a 45 Km., Covadonga e Lagos a 60 Km.  O principal río da zona é o Deva que serve de límite con Cantabria. A 3.5 Km. Do albergue atópase a praia da Franca, aínda que nun diámetro de 20 Km. hai máis de quince.

En Colombres atópase o Arquivo de Indianos, construción de estilo colonial de finais do século XIX, que alberga documentación da inmigración sufrida nos últimos 150 anos dos españois a terras americanas .

Entre as súas instalacións, atopamos a casa principal, unha antiga casa de indianos, reformada recentemente, con 6 habitacións dispostas a albergar a 70 persoas.  Así mesmo, dispón de dous comedores, cunha capacidade total de 103 persoas. Xunto ao edificio principal atópanse as antigas caballerizas. Este edificio de dúas plantas ten 8 habitacións e catro baños, preparados para aloxar 60 persoas.
No Albergue o Cantu dispoñen tamén dun edificio que fué a antiga casa dos caseiros.Todas as habitacións son dobres e contan con baño completo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario