lunes, 16 de enero de 2017

BENVIDAS/OS





Introdución

            Logo de nove anos nos que as/os alumnas/os de 6º de primaria compartiron aprendizaxes, vivencias, inquedanzas e onde adquiriron a base dos coñecementos para a súa futura vida estudantil. Este ano rematan o seu paso polo CEIP ÁLVAREZ LIMESES , culminando a súa educación primaria, e como colofón a este tan prolifero paso as Nais e Pais de Alumnos de 6º de primaria do curso 2016-2017 , organizan como se ven a realizar en anos predecesores, unha viaxe de fin de curso, resultando elixido como punto de destino este ano OS PICOS DE EUROPA.

Obxectivos

Esta viaxe,  persegue tres obxectivos fundamentais:

- O primeiro obxectivo é un obxectivo pedagóxico, que consiste en complementar a súa formación escolar coñecendo outros lugares e culturas, é dicir, coa viaxe preténdese que o alumnado, a través do mesmo, interaccione, coñeza, valore e goce outros lugares e culturas distintos aos do seu domicilio habitual.

 - O segundo obxectivo é o lúdico. É igual de importante que o primeiro xa que o viaxe fin de curso supón para os alumnos e alumnas uns días inesquecibles de goce común do grupo desde o respecto e saber estar necesarios.

-  O terceiro obxectivo que se pretende é tentar que o alumnado sexa capaz de traballar en común. Perséguese con isto que sexa unha actividade construtiva na que os alumnos  aprendan   a asumir  certas responsabilidades , a traballar  en grupo fomentando valores como a solidariedade e o compromiso común.


Emprazamento do destino elixido

En diversas xuntanzas e logo de sopesar distintas opcións e destinos, as nais e país decidiron por maioría que a viaxe fin de curso 2016-2017 para as/os seus/súas fillas/os , se realizara á comarca dos PICOS DE EUROPA. O lugar de hospedaxe será o  Albergue el Cantú, situado en Colombres, no extremo oriental de Asturias, norte de España, e na confluencia das comunidades de Cantabria e Asturias na costa. Pola súa situación estratéxica na desembocadura do rio Caves-Deva e ao pé dos Picos de Europa, permite coñecer e realizar tanto actividades de montaña, como de costa no mar Cantábrico.














No hay comentarios:

Publicar un comentario