sábado, 22 de abril de 2017

Número agraciado sorteo rifa Excursion de 6º Curso 2016-2017 do Ceip Álvarez Limeses



O  número premiado na rifa da Excursion de 6º Curso 2016-2017 do Ceip Álvarez Limeses, de este fin de semana (22 de Abril) foi o 0856. A persona agraciada, pode poñerse en contacto con nós a través do correo ou email que reseñamos mas abaixo, presentando a papeleta agraciada, para facerlle entrega do vale de 100 euros. NORABOA!!



EMAIL: anpa.alvarez.limeses@gmail.com  
MÓBIL: 688 90 80 80




miércoles, 5 de abril de 2017

Convocatoria reunión Informativa

Estimadas/os alumnas/os nais/pais/titores de 6º de Primaria Curso 2016-2017:


O 28 de abril esta a volta da esquina, e tal e como dixemos nun principio é menester á vez que aconsellábel, ter unha reunión conxunta con alumnas/os, proxenitores e/ou titores, onde se acordarán as normas e todo o que van precisar as/os nenas/os na viaxe.Asemade presentaranse aos nais e pais acompañantes na mesma, e todo aquilo que as/os alumnas/os teñan a ben preguntar.







Deste xeito agardamos contar con vos o vindeiro XOVES 20 de Abril AS 20:30 da tarde, no XIMNASIO DO COLEXIO.



Atentamente
Comisión Organizadora da Excursión de Sexto

martes, 4 de abril de 2017

SABADO 8 DE ABRIL: MERCADILLO 2º MAN




Dende a comisión organizadora da Viaxe de Fin de Curso aos Picos de Europa, impulsamos a realización dun mercadillo entre as/os alumnas/os de 6º de Primaria con  libros, videoxogos, DVD´s ,CD´s , xoguetes, e todo material de segunda man  nun estado axeitado para vender co obxetivo de recaudar fondos para a viaxe de fin de curso de 6º, involucrando asi a nenas/os e familias na mesma, e poñendo en valor obxectos en desuso presentes nos fogares.

A recadación que logre cada participante será integramente para  ela/el.

📅DÍA: SÁBADO  8 de Abriñ 2017
🕚 HORA: de 11:00  a 14:00.
📡LUGAR: Rúa Serra (ao lado do mercado de abastos)