jueves, 4 de mayo de 2017

Inolvidable viaxe de fin de curso de 6º de Primaria

Logo de nove anos nos que as/os alumnas/os de 6º de primaria compartiron aprendizaxes, vivencias, inquedanzas e onde adquiriron a base dos coñecementos para a súa futura vida estudantil. Este ano rematan o seu paso polo CEIP ÁLVAREZ LIMESES , culminando a súa educación primaria, e como colofón a este tan prolifero paso as Nais e Pais de Alumnos de 6º de primaria do curso 2016-2017 , organizaron  unha viaxe de fin de curso aos PICOS DE EUROPA

Despois de varios meses de organizacion e traballo realizamos a viaxe, este pasado fin de semana dende o venres 28 de abril ate o martes 2 de Maio de 2017, á cal foi intensa, pero marabillosa, pois os nenos e nenas gozaron moitísimo en todas as actividades, dándonos a sensación de que se lles fixo curto. Aprenderon que a vida non se mide no número de veces que respiras, senón en contemplar e compartir con amigos lugares que quitan a respiración. 


Despois desta experiencia tan estupenda, poñemos algunha foto e vídeos que resumen e poñen imaxe ao sorriso da felicidade dos alumnos de 6º Curso do Ceip Alvarez Limeses 2016-2017














sábado, 22 de abril de 2017

Número agraciado sorteo rifa Excursion de 6º Curso 2016-2017 do Ceip Álvarez Limeses



O  número premiado na rifa da Excursion de 6º Curso 2016-2017 do Ceip Álvarez Limeses, de este fin de semana (22 de Abril) foi o 0856. A persona agraciada, pode poñerse en contacto con nós a través do correo ou email que reseñamos mas abaixo, presentando a papeleta agraciada, para facerlle entrega do vale de 100 euros. NORABOA!!



EMAIL: anpa.alvarez.limeses@gmail.com  
MÓBIL: 688 90 80 80




miércoles, 5 de abril de 2017

Convocatoria reunión Informativa

Estimadas/os alumnas/os nais/pais/titores de 6º de Primaria Curso 2016-2017:


O 28 de abril esta a volta da esquina, e tal e como dixemos nun principio é menester á vez que aconsellábel, ter unha reunión conxunta con alumnas/os, proxenitores e/ou titores, onde se acordarán as normas e todo o que van precisar as/os nenas/os na viaxe.Asemade presentaranse aos nais e pais acompañantes na mesma, e todo aquilo que as/os alumnas/os teñan a ben preguntar.







Deste xeito agardamos contar con vos o vindeiro XOVES 20 de Abril AS 20:30 da tarde, no XIMNASIO DO COLEXIO.



Atentamente
Comisión Organizadora da Excursión de Sexto

martes, 4 de abril de 2017

SABADO 8 DE ABRIL: MERCADILLO 2º MAN




Dende a comisión organizadora da Viaxe de Fin de Curso aos Picos de Europa, impulsamos a realización dun mercadillo entre as/os alumnas/os de 6º de Primaria con  libros, videoxogos, DVD´s ,CD´s , xoguetes, e todo material de segunda man  nun estado axeitado para vender co obxetivo de recaudar fondos para a viaxe de fin de curso de 6º, involucrando asi a nenas/os e familias na mesma, e poñendo en valor obxectos en desuso presentes nos fogares.

A recadación que logre cada participante será integramente para  ela/el.

📅DÍA: SÁBADO  8 de Abriñ 2017
🕚 HORA: de 11:00  a 14:00.
📡LUGAR: Rúa Serra (ao lado do mercado de abastos)

domingo, 26 de marzo de 2017

2º PAGO Viaje fin de Curso 6º

2º PAGO Viaje fin de Curso
  • La excursión de fin de curso se realizará del 28 de abril al 02 de mayo 2017 (5 días /4 noches).
  • El coste total de excursión es de 285 €.
  • Se abonó una primera cantidad en concepto de reserva plaza de 50 € NO REEMBOLSABLE
  • EL ANPA CONTRUBUYE CON LA CANTIDAD DE 1.000 € A REPARTIR ENTRE LAS/OS SOCIAS/OS DEL ANPA QUE REALICEN EL VIAJE
  • El número de alumnas/os que hicieron y abonaron la reserva de plaza fué de 46
  • Resta pues efectuar el segundo pago en las cantidades que se fijan más abajo , resultado de descontar la reserva de plaza ya efectuada y el reparto por socio de la aportación del ANPA.


Para formalizar el 2ºpago deberéis:

1.   Realizar el 2º Pago restante por la cantidad de:




SOCIA/O  ANPA: 213 €
NO SOCIA/SOCIO: 235 €
, que se realizará: Por ingreso o transferencia a la cuenta del ANPA ÁLVAREZ LIMESES, indicando en el concepto bancario el nombre y apellidos del alumno/a y curso (6ºA ó 6ºB)



2.    EL justificante inferior del 2º pago debidamente cubierto, junto con el resguardo  de transferencia bancaria de  abono del pago se depositarán GRAPADOS ambos en un sobre a ser posible, en el buzón del ANPA del colegio, antes del  VIERNES 31 DE MARZO DE 2017.


3.     Se realizará una reunión con los niños y progenitores (en abril). En esta reunión se os recordarán las normas, y todo aquello que van a necesitar las chicas y chicos en este viaje.



    😄UN SALUDO Y GRACIAS 😄


sábado, 18 de marzo de 2017

FOTOS MERCADILLO SÁBADO 18 DE MARZO: GRAZAS

Éxito por todo o alto, nunha maña de sol....

Hora de mercar, non moi lonxe de aquí
a xente achégase, séntese o sol  latexar
artigos a venda, que o vento non levou
cantos soños antes de que saia o sol
Algúns se achegaron , ás mercadorías a contemplar
e escoito unha voz, rumoreando prezos con ilusión
un soño de esperanza dun novo corazón
Ao final búsquei e enseguida merquei
cun alento de vida agarrado á súa pel
Cando saia o sol
e senta a súa calor
venta tras venta sen rubor
dille que os Picos de Europa eles irán
e grazas ao mercadillo  alí desfurtarán


GRAZAS A TODAS/OS  AS/OS  QUE SE ACHEGARON A COLABORAR MERCANDO ALGUN ENSER XOGUETE OU LIBRO, DE PARTE DA COMISIÓN ORGANIZADORA ALUMNAS/OS , NAIS/ PAIS DE 6º DE PRIMARIA 























lunes, 13 de marzo de 2017

SABADO 18 DE MARZO: DERRADEIRO DÍA MERCADILLO 2º MAN


Dende a comisión organizadora da Viaxe de Fin de Curso aos Picos de Europa, impulsamos a realización dun mercadillo entre as/os alumnas/os de 6º de Primaria con  libros, videoxogos, DVD´s ,CD´s , xoguetes, e todo material de segunda man  nun estado axeitado para vender co obxetivo de recaudar fondos para a viaxe de fin de curso de 6º, involucrando asi a nenas/os e familias na mesma, e poñendo en valor obxectos en desuso presentes nos fogares.

A recadación que logre cada participante será integramente para  ela/el.

📅DÍA: SÁBADO  18 de Marzo  2017
🕚 HORA: de 11:00  a 14:00.
📡LUGAR: Rúa Serra (ao lado do mercado de abastos)